Hai uns días, trala festa do Samaín, comenteivos que estabamos a inventar un conto de medo, pois aquí o tedes...
Foquiña´s Productions Presentan: Un conto de medo!!
Un día, unha vez, empezou a correr unha bruxa que se chamaba Pantonela e que tiña unha vasoira. E detrás da bruxa corría unha momia que levaba papeis polo corpo e pola espalda.
A momia corría detrás da bruxa porque a bruxa era mala, porque tirara todo o Colacao.
Pero entón a bruxa caeu nunha pota e quemou todo o cuíño e tamén a vasoira.
Pero había unha bruxa boa, que se chamaba Peta, porque se lle caían perretes pum, pum, pum; e a salvou da pota.
Entón as bruxas fóronse para a súa casa e a momia quedou chorando polo seu papá e a súa mamá.
Logo viñeron os papás da momia e púxose moi contenta.
FIN
Esperamos que a espera valese a pena!!!
3 comentarios:
Sodes de medo, eh!!!
Hola, son a nai de Pablo Zárate e paréceme fantástico o moito que traballades nas celebracións no cole, aínda que algunhas veces sodes TERRORÍFICAS/OS. Un bico.
Toda a familia disfrutou moito do conto. Pasamos moito medo pero quedamos contentos porque tuvo un final feliz para todos.
Bicos
Publicar un comentario