FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

jueves, 20 de noviembre de 2008

O Día Internacional dos Dereitos dos Nenos

Hoxe celebramos no cole o día internacional dos dereitos dos nenos, e o que tocounos preparar aos nenos de 3 anos foi: Dereito ao amor e a comprensión dos pais e da sociedade.

Para traballar na clase o tema dos dereitos falamos das cousas que os nenos poden e non poden facer, e hai cousas que teñen moi claras: os papis van a traballar e os nenos teñen que vir ao cole; non se pega, hai que dar bicos, caricias e apertas... Cousas sinxelas e evidentes pero que desgraciadamente non sempre cúmplense.
Pola mañá xuntámonos todos na entrada do cole para dicir polo micro cada clase o seu dereito. Os nenos da clase dos Cabaliños e das Foquiñas fixemos un casting moi duro e a representante foi a foquiña Alexia que falou moi ben para todo o cole.

Trala lectura dos dereitos escoitamos unha canción moi bonita e puxémonos a bailar, aínda que algúns non tiña corpo para bailes!!!!

Xa na clase coloreamos unha ficha para lembrar este día.


Entre todos os nenos do cole fixemos unha exposición de murais sobre os dereitos dos nenos, quedou moi chula!!


4 comentarios:

sandra dijo...

Hola! Me parecio precioso este dia.Por lo menos aunque solo sea un dia al año pararnos a explicarles que ellos tienen mucha suerte porque todos los niños tienen unos derechos y solos unos cuantos pueden ejercerlos plenamente. Victoria y yo estubimos hablando de eso y ella se sorprendio mucho de saber que otros niños no tienen tanto como ella, asi que arreglo el mundo con un "no te preocupes mami, yo voy a darles mis juguetes". Ojala pudieramos solucionarlo todo desde su perspectiva. Un saludo.

luisa dijo...

Ola,
Noraboa a todo o colexio, que bonita e que colorida quedou a parede. Encantaronos os corazons das Foquinas e os bicos dos Cabalinos. Ademas esta moi ben facer os nenos pensar sobre estes temas e que tanto eles como nos, nos decatemos do afortunados que somos.
Bicos

quintob dijo...

Pareceme que mereceu a pena o esforzo, queda moi ben recollido no voso slide.Bicos
Pilar

Anónimo dijo...

Noraboa pola actividade.
Coido que é moi importante educar en valores humáns aos nenos/as dende esta idade, para que medren conscientes das dificultades da vida dos nenos noutros lugares e aprendan coa súa familia a valorar o que temos aquí.