FRASES CON FIRMA

Antón: Estamos aprendendo a facer a asamblea, e o pasado xoves, como estabamos todos moi tranquiliños a profe decidíu que era un bo momento para explicar que nese intre iamos poder contar aos compis o que nos quixeramos, sempre levantando a man e escoitando. Antón levanta a man e a profe dalle a palabra, míranos a todos, levanta os dedos a altura da súa cara e: "1, 2, 3.." (22/9/11) Está claro que non o expliquei ben...
Inés: Falando de que o noso compi Unai tiña varicela, que era unha enfermidade na que saen un montón de graniños, Inés díxonos: " mi mamá también tiene un granito, pero es una espinita.....(quedou pensando) de un pescado!!" (24/10/11) Isto é asociar ideas...
Unai: Estabamos vendo as letras do nome do encargado, pensando palabras que empezaran por esas letras e tocoulle o turno á letra R: "Ri..." Unai queda pensando...e de pronto, dí moi baixiño "ring, ring" levanta a man moi orguioso "TELÉFONO!!!" (14/12/11) Estas relacións infantís sempre sacan unha boa risa...
Andrés: O xoves de Entroido falámavos sobre as cousas que trouxeran para a merendola, e preguntei se trouxeran orellas; "siiiiiii, yo dos!!! (tocándose as orellas)" (16/2/12) Menos mal que ninguén pegoulle un mordisco!!
Diego: Estamos empezando un proxecto de investigación sobre o universo, que arrincou cunha discusión sobre o día, a noite, as estrelas... Así que despois de recoller as ideas previas sobre o tema, íamos a plantexarnos unhas preguntas sobre o que queriamos aprender, ao que Diego contestou moi seguro: "Yo a conducir". (3/10/12) As prioridades están claras!!
Unai: ante unha saída para observar as árbores e recoller algúns froitos do Outono, falabamos na clase sobre os árbores que coñeciamos e os froitos que daban (cun pouco de lío nalgúns momentos). Chegamos ata a mazá e tras a pregunta: de onde sae a mazá? Unai moi convencido: "del frutero!!" (4/10/12) E o leite do brick, lóxicamente!!
Inés: Botándolle unha ollada aos libros sobre o universo do noso recuncho de investigar atopamos un astronauta. Algúns comentaron: "un marciano!!". Candela dixo: "no, no, dentro va un señor"; "si, e como se chama?", ao que Inés contesta: "pues, Manolo!" (4/10/12) Igual non sabemos o nome de todos, pero este chamase Manolo seguro!!
Andrés: Estamos aprendendo cousas novas cada día, e descubrindo as sumas preguntei se sabían que era ese símbolo (+) e Andrés o tiña clarísimo "una cruz de salud!" (27/9/13) Que confusas son as mates!!
Inés: Durante a asemblea comezamos a falar sobre os nosos apelidos, e que era importante saber cales eran os nosos apelidos, así que Inés (Ares) comenta "sí, sí... hay que saberse los apellidos y las rías!! ??? "claro, como la ría de Ares!!" (20/1/14) O que aprendemos cos apelidos...
Bryan: Estabamos preparados para contar o conto "Menestra de monstruos" e preguntei "¿que é unha menestra?" ao que Bryan contestou: "Yo lo sé, es la que manda!!" (12/2/14) Xa quixeran as ministras!!

viernes, 31 de octubre de 2008

O Samaín

Onte festexamos no cole a celebración do Samaín e o pasamos moi ben!!!
Durante esta semana fumos traendo ao cole moitas cabazas: grandes, pequenas, verdes, amarelas, laranxas... As observamos e vimos que todas eran diferentes aínda que moi chulis!!
Tamén contamos a historia do Samaín e a tradición das cabazas.
Pero o máis divertido de todo foi decoralas!!! Coa axuda das profes transformamos as nosas cabazas e quedaron de medo!!!

Con todas estas cabazas fixemos unha exposición no corredor, e tamén puidemos desfrutar das exposicións dos maiores e de paso ir as súas clases a darlles un bo susto!!! Aínda que o susto levámolo algún de nós cando descobrimos quen ía acompañarnos durante o paseo!!!

Ademais durante estes días estivemos preparando unha carouta para asustarvos a todos!!! Para facela estreámonos cos pinceis e co punzón e o resultado foi moi bo, non?


Aproveitando a festa contamos un conto moi divertido sobre un monstros algo tolos e falamos sobre as cousas que dannos medo; as respostas son do máis variado:

Rocío: dragóns Pablo: tigres Candela: meigas María: cocodrilos
Silvia: cans Iker P: meigas Xaime: mamá Carlos: monstros
Álvaro: paiasos Iker Ll: leóns Paula: culebras Alexia: tigres e leonas
Gabi: meigas Erin: meigas Xabi: leóns Victoria: ortigas
Alex: ladróns Juan: cabalos Ana: gatos

Con todos os nosos medos traballaremos a semana próxima para facer un conto de medo!!!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Que chulas esas cabazas!!!! e tamén as caroutas!!! parecedes maiores eh!!!

José Carlos dijo...

Vos si que celebrades o Samain ben , que envexa , cantas cabazas e que bonitas todas. Como dí Bea , non parecedes unha clase tres anos pois traballades moito e moi ben . Noraboa.

Dulce Rodríguez dijo...

Hola, somos a nai e o pai de Pablo Zárate e encantounos a celebración do Samaín, o peque pasouno pipa, e os compis tamén. Un bico.

Rosa Bedoya dijo...

Candela disfrutou por primeira vez do Samaín e nos con ela, entre outras cousas adicou a fin de semana a facer máscaras de cabazas para todos.Gracias a Motse e a Ana por facer que estas foquiñas disfruten aprendendo.

Anónimo dijo...

Ola a todos/as
Somos Ana e Luciano, os pais de Paula. Todos disfrutamos moito celebrando a noite do Samaín.
Paula decorou novas cabazas cós avós e coa súa irmá Claudia, e tiñaas colocadas fora da casa, de noite e acendidas cunha vela, para asustarnos cando chegaramos do traballo.
Estades a facer un traballo magnífico cós/coas nenos/as, tanto no día a día na clase, coma neste blog.
Grazas por facernos partícipes cada día, noraboa e ata a próxima.

luisa dijo...

Ola,
Canto traballaron para o Samain, e que cousas mais bonitas fixeron. Ana disfrutou moito asustandonos coa sua carouta. E se ve que o pasaron "de medo" no cole o dia do Samain.
Bicos.